martes, 23 de marzo de 2010

Dia de veran no pais das marabillas

O veran ten moitos días, e eses días teñen dúas formas distintas de tomalo tranquilo, mirando as nubes e poñendote moreno, ou como se fai o 80% dos días xogando, nadando, correndo e demais.
Esta e a historia subrrealista, que inda, a día de oxe non sei se foi real ou non, pero escríboa a modo de liberación.
Un día de verán, na praia, mentres o meus amigos xogaban na auga, eu quedara encargado de todo o noso, xa que non me apetecía bañarme ese día. Quitei a camiseta e tumbeime a tomar o sol. Pechei os ollos, neste momento e cando a miña memoria emepeza a fraquear e non distingo realidade ou soño, cando os volvin a abrir, diante miña había un conexo. Estaba nunha parte onde había herba, incluso a medio kilometro víase unha especia de bosque, pero extrañábame a presenza dun conexo tan lonxe do seu hábitat.
Quedei ficando cara el, un conexo gris, e nervoroso. Fixeime un pouco e tiña un coiar, e un pequeno reloxo de bolsillo pendurado nel. Acercouse a onde eu estaba, eu sin inmutarme deixei que fixese o que quixese, acercouse a toaia de Fred, onde estaban as súas pequenas gafas redondas. O conexo puxose detras das gafas e emepzou a ulisquear por debaixo delas. Naquel intre todo recordoume a marabillosa pelicula de Disney e a fantastica historia de James Joyce, Alicia no pais das marabillas.
De pronto, mentres eu estaba absorto facendo comparacions absurdas cun animal que aparecera de supeto, cando propulsado polas súas patas traseiras, deu un chimpo ata as miñas costas e logo ata o meu outro lado, deu varios brincos entre as miñas pertenzas e volveu o primeiro sitio onde eu o vira, cambiando que agora collera o meu mobil nos seus dentes enganchado polo colgante que lle puxera o mobil. O principio non me din conta, pero pereceume demasiada coincidencia que tivese un mobil igual co meu.
Levantinme torpemente e comecei a correr tras o animal que me roubara tan habilmente o meu mobil. O veloz conexo ccorría a unha velocidad non moi alta pero ía facendo eses polo que o seu aprisionamento facíase moi dificil. Pronto fixeime que preto atopábase unha madrigueira. Nun ultimo intento tireime encima do conexo cos brazos estirados, conseguin agarralo, pero removveuse e chimpou fora, pero por sorte conseguira coller o meu mobil.
Quedei mirando se o meu aparato sufrira algunha contusion, estaba cas mazaduras de sempre. Agora o que me chamaba a atención era a madrigueira, saian unhas tenues luces matadas pola luz do sol, e uns gruñidos e musica de conto do interior. Mirei a todolos lados, non había ninguen en varios centos de metros o redor. Acerquinme a boca da madrigueira, oia cada vez mais rebumbio. Algo saiu da madrigueira e turrou por min cara adentro, deso non recordo nada, o ultimo que recordo é aparecer durmindo xa atardecendo á boca da madrigueira. Meus amigos despertaranme porque perderanme de vista dende que marcharan bañarse.
Volvimos a manta a tomar os bocadillos, non prestei atencion o que me pasara, tomino por un soño absurdo, o raro e que as noites, as veces, teño sonos moi similares a alicia no pais de marabillas, pero son moi reais, quizais...demasiado.

Richard Starkey


Aceptanse criticas e comentarios :)

1 comentario:

  1. Jajaja, homenaxe á de Tim Burton. Que por certo se estra o 6 de abril.
    Gústoume moito!

    ResponderEliminar