miércoles, 17 de noviembre de 2010

va que si?


Reparo en min un turbio horizonte,
tantas expectativas cativadoras,
tantas doadas expectativas.
Polo que me decido,
apracente, a meu catar,
será axeitado,
desafortunadamente desacertado ou.
Malia recoñecerei o meu erro,
va que si?
Ariadna Cordal.


viernes, 12 de noviembre de 2010

Si, é un adeus.

A quen tes que agarimar, non fagas chorar. Si, ti, oíches? Non che culpo de encher o meu xoven e rebelde corazón de momentos tristes, para nada, é máis, moitos momentos bos me agasallaches.

Pero hai xente que lle dá voltas, que pensa con moito detemento as cousas que lle ocorren, ocorrerán ou ocorreron. E se eu son unha desas persoas?

Todo o que sufriches, incluso hipóteses erróneas que crea a miña mente, sufrinas eu. E non teño mente tan madura, sabes? Caeu unha responsabilidade enriba dos teus hombros sumamente grande, demasiado para a túa idade.

Demasiado para min, tendo en conta unha fácil e para nada laboriosa vida, chea de caprichos. Si, niso respétoche, pero chega un momento no que cansa, sabes?

Iso, estou farta. Farta de como es, aínda que non sexa culpa túa. Da túa maneira de pensar e da túa maneira de actuar. Síntoo, pero iso non se pode remediar.

O meu xoven e rebelde corazón, ao igual que o meu cerebro, non pode con isto. Por iso direiche;

PARA.

Non quero seguir así. Fasme dano. Fasme sentir mal. Síntoo.

Ariadna Cordal.