domingo, 10 de octubre de 2010

Tres amiguiños.

Tres amiguiños.

Nun pobiño calquera, había un grupo de raparigos, chamados Ying, Yang e Neutrum. Eran pequenos, adolescentes, inxénuos.
Todo era fácil, divertido e agradable.
Ata que Ying se enfadou con Yang. Como? Por que?
Ying cría que Yang insultara a un ser querido seu, sen razón, xa que non fora así. Despois, escoitou rumores absurdos de outra xente, e iso conseguiu que Ying se enfurecera máis.
Pero Yang enfureceuse tanto que chegou a odiar ao seu anterior benquerido amigo, Ying. Porque desconfiara del de tal xeito, que poderíase dicir que, prácticamente, tratouno como algo sen valor.
E despois, estaba Neutrum. Este quería con loucura a Ying e Yang, e polo tanto, el era o que saía máis perxudicado. Pero os seus bos amigos non o se decataron a tempo…
Neutrum, foi repartido irregularmente; un 80% del estaría con Ying, e o 20% restante, con Yang.
Non aturaba máis aquilo, e decantouse por actuar. Falou, ou tentouno, con eles. Non acadou nada, posiblemente, empeorar a situación.
Así que Neutrum acabou enfadado con Ying e Yang, alegando que tiñan un comportamento pueril e cretino.
Que deberían facer os tres amiguiños?

Proseguirá…

1 comentario:

  1. Neutrum non saberá como proseguirá se non fala con eles e non intenta resolver o problema que teñen Ying e Yang. Non se pode rendir. Cando un empeza unha cousa ten que terminala, e Neutrum deixouno a medias, intentando reamatar o que non debería rematar así. Todo se pode solucionar.
    Espero pronto o proseguimento. :)

    ResponderEliminar