jueves, 10 de junio de 2010

Cando non sabes que facer.


Outra historia ao lixo. Íanse acumulando. Uns días máis e conseguiría un récord: 'O maior número de historias tirada ao lixo durante unha semana'. Polo menos destacaría en algo. Vale, ese término está equivocado. Destaca nas notas, a boas, por suposto, pero… Quería adicarse á literatura. Ás narracións cultas. Empezaba ben pero remataba mal. O de sempre…
Venres, ás tres e media da tarde. Esperaba unha chamada para non desperdiciar toda a tarde na casa escribindo historias erróneas, esperaba a un amigo ou a unha amiga que lle chamase para respirar o aire da pequena cidade, que, por sorte, non estaba contaminado. Tan só cheirabamal de vez en cuando e en determinados sitios polo alcantarillado.
Ring. Chamaron. Colleu o teléfono, contestou. Ás catro e media. Aínda quedaba tempo para outra historia… 'Un día normal, paseaba pola cidade, cuns amigos…' Empezaría así. Un comezo non moi prometedor, pero ao que lle engadiría os succesos do seu paseo. Digamos que… Unha historia basada en feitos reais.
Pensou nas cousas interesantes que podería realizar esa tarde. Ir á praia, facía un bo día. Recordou as palabras da amiga que lle chamou: 'Ao mellor imos á praia.'E xa se lle olvidara. Ás veces cría que a súa cabeza estaba perdida… Por suposto, escolleu un libro. 'Un exemplar de aventuras ou policíaco?', cuestionouse. 'Ambos', respondeuse.
Antes de saír da casa, debuxou un falso sorriso nos seus beizos e encamiñouse ata onde quedara cos seus amigos, non sen antes comunicarllo a seus pais.
'Que tal?, dixo unha amiga.
'Como sempre'.
E empezou a chover. Cada un volveu , respectivamente, á súa casa, e rematou a historia:
"Un día normal, paseaba pola cidade, cuns amigos… Preguntárome como estaba, e respondinlles coma sempre. Non pensei que ese sempre puidese ser tan malo, posto que seguidamente comezou a chover."
FIN.
Ariadna Cordal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario