miércoles, 9 de junio de 2010

Nunca Xamais...


E ela apareceu aí, como se soubese o que sentía e pensaba. Iluminada pola luz da lúa chea, baixou nunha nube. Era ela… A fada do bosque do País de Nunca Xamais.

Co neno marabilloso practicamente morto aos meus pés, cun sentimento -incrible en min, pero certo- de vinganza no meu corazón, aceptei as armas que me ofrecía e dirixinme ao Jolly Roger. Alí o atopei, xunto cos seus súbditos. Deume unha grata -para el- benvida e eu o ameacei coa espada que antes me entregara a fada. Sinxelas palabras saíron da miña boca: 'Que lle fixeches?'. 'Eu nada', contestou, e debuxou un sorriso nos seus beizo.Non puiden facer nada máis, os seus compañeiros agarráronme e atáronme, xa a piques de que me tirasen pola táboa, directa ao mar, con todos os seus perigos; crocodilos, tiburóns, calamares xigantes...

Pero apareceu. Estaba aínda ferido, e voaba a saltiños, pero defendeume. Liberoume e atrapárono. Tratándoo coma un animal, déronlle varias labazadas, e de veras que o quería impedir, pero chorando e coa pouca forza que ten unha rapaza da miña idade non puiden facer nada contra os feroces piratas. Intentaba apartalos del, pero o único que conseguía era que eles me apartasen a min. Recibín varios golpes e caín, pero non me importou.

Posiblemente, a vez que máis berrara fora daquela. Cando lle cravaron unha espada no abdome. Todo Nunca Xamais púidome escoitar, e incluso creo que chegou ata Londres. Pero digamos que ese grito non foi en vano. Os nenos perdidos acudiron a min. Cando me entregaron a espada, furiosa, lanceime contra Garfio. Non fun quen de gañarlle, pero si de atrapalo. El non cesaba de repetirme: 'É todo culpa túa, se morre, odiarache'. E fíxome que me sentise mal. Algo estúpido por parte miña, xa que o capitán fixera moitas peores cousas.

Pero iso non importaba. Salvámolo. Ben... depende do significado da palabra. Estaba moito peor ca antes. Rompín un anaco do meu vestido para utilizalo como venda ao redor da ferida máis grave que tiña, que era no abdome. Tiña algo de febre, así que buscamos algúns trapos e mollámolos para poñerllos na fronte. Descansou na cama de James e non tardou en recuperar a súa vitalidade, Cando por fin abriu os ollos, non puiden evitar darlle unha gran aperta e chorar, repetindo que fora culpa miña. El negouno todo e díxome que non se preocupara. Eu, respondín dándolle un 'dedal'* (como o definía el) na meixela. Aínda que non estaban curadas todas as súas feridas, xogamos no bergantín. Unha vez un dos piratas conseguiu liberarse, pero eramos todos os nenos perdidos contra el, e digamos que se atrapou a si mesmo, tirándose pola borda e á mercé do famoso crocodilo, tic, tac, tic, tac...

Cando nos cansamos de xogar no barco, deixamos a todos os piratas –máis ao seu capitán- amarrados e marchamos. De alí a un pouco conseguiron liberarse, porque escoitamos o grito de Garfio: 'Pagarásmas todas, Pan, aínda que sexa o último que faga!'.

FIN.
*WENDY:
¿De verdad? Eso es encantador, si quieres puedo darte un beso.
(Peter le alarga la mano). ¿No sabes lo que es un beso?
PETER: Lo sabré cuando me lo des. (Ella le pone un dedal).
Dende aí intercambianse os significados: un bico é un dedal e viceversa.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario