sábado, 7 de agosto de 2010

:)

A tristeza, o sentimento de culpabilidade, a posibilidade de suicidarse desapareceron da miña cabeza. Non. Agora só sinto unha furia terrible. Pero agora mesmo podería ir en contra de todos os meus principios. Podería deixar atrás todas as miñas opinións sobre ser unha asasina. Si, podería matalo.
As palabras fan dano. Tamén provocan odio. Despois de ler aquilo… Non. Menos mal que teño algo de cachola. Porque o móbil que sostiña nas miñas mans podía quedar reducido a cinzas.
Podo conseguilo. Podo asasinarlle sen deixar probas de que fun eu. Posiblemente daríame igual todo o demais. Posiblemente non viviría coa culpa. Teño experiencia en casos. Buscarei a maneira de facelo nalgún dos casos de Sherlock Holmes. Terei que variar algunhas cousas, pero dubido que a policía do pequeño pobo no que vivimos saiba resolver o caso.
Odio, si, odio. E no fondo tamén celos. Pero a culpabilidade, a tristeza e a posibilidade de suicidarse desapareceron da miña cabeza.

1 comentario: