lunes, 9 de agosto de 2010

Life.


Que sentido ten vivir? Sería máis fácil morrer. Pero alguén dixo a caso que a vida fora fácil? Se é así, esa persoa está moi malcriada e ten todo o que necesita e máis. Sería moi fácil morrer, si, suicidarse.
 Pero non sería mellor vivir?

Só temos unha oportunidade. Unha vida. E non sería mellor aproveitala ao máximo, intentando ser o mellor humano posible aínda que non exista a perfección? Gústaríame poder dicirllo a todas esas persoas que se cren inferiores, menos “molóns” polo sinxelo feito de ser máis intelixentes. Por estudar. É algo valioso.

Somos humáns. Evolucionamos dende monos, ata estos seres descoidados. Podemos mellorar aínda máis. Por iso se necesita moito estudo. Porque senón se len libros, senón se adquiren coñecementos, non se descubrirá nada.

E aínda que alguén non fora a ser unha persoa que descubrise algo, debería estudar. Porque iso é o que nos diferenza dos simios. Que somos seres racionais. Que temos un cerebro desenrolado. É triste que haxa rapaces que se neguen a desenrolar este órgano de vital importancia acumulando información.

Por iso deberíamos estudar. Para conseguir un futuro. Para aseguralo. Despois hai dous camiños.

Seguir estudando, acumulando información.

Ou traballar… E no tempo libre disfrutar.

Porque a duración aproximada da vida humana son 60 anos e son poucos… 

Só 21 914,5319 días.

1 comentario:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar